XORNADAS 2025
O TRABALLO INFORMAL EN ESPAÑA:REALIDADE, IMPACTO E DESAFÍOS

ARELCIT | 1 de abril de 2025.

I Torneo de Debate ARELCIT | A coruña 20 y 21 de febrero de 2025

Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol
Salón de Actos Concepción Arenal
Rúa San Ramón, s/n. Campus Esteiro- Ferrol
Mércores, 9 de abril de 2025

Nesta xornada preténdese unha análise e debate do traballo informal, entendido como o realizado á marxe da normativa laboral e fiscal. É dicir, traballos sen contratos rexistrados oficialmente, sen dereitos laborais nin protección social, e que non contribúen fiscalmente ao país.

A OIT na Recomendación sobre Protección Social, adoptada no ano 2012 (núm 202), fai unha declaración de principios, reafirmando que o dereito á Seguridade Social é un dereito humano, recoñecéndoo como unha necesidade para o progreso, e así mesmo como unha ferramenta para previr a pobreza, desigualdade e a exclusión e inseguridade social.

Na actualidade o traballo informal segue sendo un desafío en todo o mundo, que vulnera gravemente os dereitos humanos, sendo unha ameaza para o desenvolvemento sustentable, que afecta a persoas traballadoras, á economía, e á recadación fiscal.

Segundo a OIT a economía mergullada representa entre un 16% e un 25% do PIB. Hai que destacar que o traballo informal ten efectos en diferentes aspectos como:
1. Evasión fiscal: pode ter un impacto negativo no financiamento de servizos públicos esenciais e no equilibrio orzamentario.
2. Precariedade laboral: isto contribúe a perpetuar a desigualdade social e a vulnerabilidade de certos colectivos.
3. Competitividade desleal: distorsiona a competencia no mercado e prexudica ás empresas que si cumpran coa normativa.
4. Desigualdade social: o traballo informal afecta especialmente a colectivos vulnerables.

DIRECCIÓN DA XORNADA
Antía Sández Callejo (Presidenta do CGRL)
Asunción López Arranz (Profesora de Dereito do Traballo e da
Seguridade Social da UDC)

ORGANIZA:
Consello Galego de Relacións Laborais
Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol

PERSOAS DESTINATARIAS:
– Organizacións empresariais e sindicais
– Graduados/as Sociais e avogados/as
– Alumnado da Facultade de Ciencias do Traballo
– Inspectores/as de Traballo e Seguridade Social
– Profesionais e persoas interesadas

INSCRICIÓNS:
Faranse por orde de solicitude, dende o 20 de marzo
ata o 8 de abril de 2025 a través do enderezo
electrónico formacion.cgrl@xunta.gal

ASISTENCIA:
Acreditarase a asistencia á xornada